Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maio mellora os datos do emprego na comarca

RR_Noticias

Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén experimentaron no pasado mes de maio unha baixada no número de desempregados inscritos nas listas do desemprego segundo so datos feitos públicos onte pola Consellería de Emprego. Un mes tradicionalmente positivo para os que buscan emprego porque é cando se formalizan os contratos relacionadas coa hostalaría e os meses de verán. Unha situación que non afecta ao concello de Fornelos que aínda que mínima experimenta unha variación á alza, con dous novos inscritos nas listas do paro.

En Fornelos a día de hoxe son 198 as persoas que buscan emprego mentres en pazos de Borbén o número de desempregados ascende a 375, 22 menos que no mes anterior. En Soutomaior borráronse desta lista 24 persoas e son actualmente 724 as que buscan traballo. Redondela experimenta tamén un descenso no número de desempregados respecto do mes anterior, sendo actualmente 2.339 as persoas en paro, 57 menos que en abril.
Un bo dato que con todo é relativo, xa que si o comparamos co descenso experimentado no mes de maio de anos anteriores, ese descenso é menor. Así, fronte ás 57 persoas que se deron de baixa das listas do paro este ano, no 2015 foron 119, no 2014 contabilizáronse 75 baixa e no 2013 un total de 130.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará