Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Amigos das Bibliotecas pecha o curso cunha charla sobre Pornotopía

RR_Noticias

Un venres cargado de citas de carácter literario que arrancarán cunha oferta para os máis pequenos. Un contacontos na biblioteca e Chapela para público infantil a cargo de Alba Bermúdez ás 18:30 horas. Xa ás 20:30 horas a Casa da Cultura acolle unha charla coloquio baixo o título Pornotopía: a cama ultraconectada. Unha actividade coordinada polo profesor de filosofía Antóm Nieto.

Con este parladoiro a Asociación amigos das bibliotecas pechan o curso no que desenvolveron diferentes actividades orientadas a promover a lectura e animar aos veciños a achegarse ao colectivo. Pornotopía: a cama ultraconectada. Beatriz Preciado lê Playboy” é o título desta proposta coordinada por Antóm Nieto, profesor do IES do Sar de Compostela.  O coloquio xira en torno ao libro: Pornotopía: arquitectura y sexualidad en el Playboy durante la Guerra Fría, que foi finalista do Premio Anagrama de Ensaio no ano 2010. A súa autora é a filósofa Beatriz Preciado/Paul B. Preciado. Para participar nesta actividade recoméndase a lectura de varios fragmentos seleccionados do libro, que se poden solicitar nas bibliotecas municipais, ou a través do correo da asociación. Tamén pecha o curso a Biblioteca de Chapela co contacontos “Comechíns”, con Alba Bermúdez do grupo teatral Triatreros. Un contacontos que fala sobre a boa alimentación dun xeito divertido e gorentoso e que está orientado a rapazada de 4 a 10 anos e público familiar. Entrada libre ata completar aforo.  

Marta Rodríguez Asociación Amigos das Bibliotecas
Fala dos obxectivos da asociación
David Faro
Unha charla sobre Pornotopía
Mª José Villar Biblioteca de Chapela
Contacontos para os nenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará