Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia o mal estado da Praia de Cesantes

RR_Noticias

Máis pedras que area é o que se observa nalgúns tramos da Praia de Cesantes, concretamente nas inmediacións do polémico muro que se construíu o ano pasado. Así o denuncian dende o PSOE de Redondela quen insisten en que xa no seu momento, cando se realizaron as obras hai algo máis dun ano, xa se advertirá das consecuencias que esta actuación ía ter sobre o areal. Critican tamén que a estas altura do ano, cando son moitos os bañistas que xa están facendo uso da praia, “non se estean a realizar labores de limpeza e as duchas permanezan coa auga cortada”.

Os socialistas, facéndose eco das demandas veciñais, critican o mal estado en xeral no que se atopa a Praia de Cesantes. “O ano pasado, o goberno municipal do PP fixo un muro que supostamente ía ter unha inclinación que axudaría a manter a area. A día de hoxe, todos son pedras na contorna dese muro e o pequeno rego de sempre, pasou a ter unhas dimensións máis que considerables”.
Aseguran tamén que non se están a realizar labores de limpeza “as papeleiras permanecen máis dun mes cheas de lixo e as duchas teñen a auga cortada a pesar de que durante estes días numerosas persoas estaban na praia polo bo tempo”.
Por outra banda, o grupo municipal socialista afirma que o Concello de Redondela posúe unha peneira para limpar praias que apenas utiliza malia os graves danos que os temporais deixaron nas nosas praias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará