Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumnado dos centros educativos participa no I Concurso de teatro radiofónico en Radio Redondela

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Radio Municipal de Redondela, organiza o I Concurso de teatro radiofónico destinado a alumnado de 3º ciclo de primaria e ESO. As pezas serán emitidas dentro do programa A Estación ata o vindeiros día 17. A partir desa data ábrese o periodo de votación para elixir os mellores traballos que recibirán como agasallo unha visita a Illa de San Simón e ao Meirande.

Para a preparación das pezas teatrais organizáronse unhas xornadas formativas nos centros de ensino que así o solicitaron, a través da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística e nas que se deron pautas para a locución e dramatización dos textos teatrais escollidos. Estas sesións formativas foron impartidas por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, de Ibuprofeno Teatro, e nelas participaron grupos de 8 centros educativos.
Unha vez que a dramatización das pezas foi ensaiada, o alumnado participante desprazouse á Radio Municipal de Redondela para facer as gravacións.
No mes de xuño realizarase o concurso entre as 14 pezas de teatro radiofónico gravadas que serán emitidas en Radio Redondela entre o 2 e o 17 de xuño no programa “A Estación” (entre as 12.30 e as 13.00 h – ou na redifusión entre a 1.30 e as 2.00 h), que se poderán escoitar tamén a través da páxina do Facebook do Servizo de Normalización Lingüística
As persoas interesadas poderán facer as súas votacións entre o 18 e o 27 de xuño a través do correo electrónico radioredondela@hotmail.com ou do teléfono do SNL, 986 400 106 (en horario de 8 a 15.00 h). Para iso cada persoa terá que identificarse e só se computará un voto por persoa para cada unha das modalidades (Mellor dramatización radiofónica e premio á calidade lingüística).
O resultado do concurso darase a coñecer o 28 de xuño, e as pezas gañadoras destas dúas modalidades terán como premio unha visita guiada ao Museo Meirande e unha viaxe en barco á Illa de San Simón para os compoñentes e profesorado responsable das pezas gañadoras, que se celebrará o 30 de xuño de 2016.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará