Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Queixas porque a concesionaria da auga só abre a súa oficina de Soutomaior dúas horas ao día

RR_Noticias

Os veciños desta localidade só dispoñen de dúas horas diarias para realizar xestións relacionadas co servizo da auga, en mans da empresa Viaqua. Concretamente, o horario de atención ao público desta oficina é de 10:00 a 12:00 horas. Un horario que ao entender do BNG non é suficiente para atender ás necesidades dos usuarios. Os nacionalistas critican que o alcalde Agustín Reguera “permita esta situación poñéndose ao lado da empresa e non dos veciños”.

A empresa Viaqua, a concesionaria da Auga en Soutomaior, ten un horario de atención aos veciños de tan só 2 horas ao día. Concretamente a empresa abre de 10.00 a 12 da mañá, un horario que dificulta de maneira importante que os veciños poidan realizar calquera xestión, ao entender do BNG por tratarse “dun horario de apertura ridículo e que se produce ademais nunha hora punta na que todas as veciñas e veciños están traballando”.
Explican os nacionalistas que denunciaron esta situación ata en tres ocasións no pleno “sen que o PP adoptase ningún tipo de medida para defender aos veciños”. Engaden que a situación “é moito máis grave se temos en conta que no prego de condicións da contratación se establece que a concesionaria debe ofrecer un servizo de calidade”.
O BNG a través do seu voceiro, Manu Lourenzo denuncia que “ante unha situación que é a todas luces inxusta, irregular e prexudicial para os veciños o alcalde Agustín Reguera ponse unha vez máis do lado da empresa e en contra dos veciños ao afirmar que as bases da contratación son interpretables. Non parece serio  que un alcalde asuma a interpretación que beneficia á empresa no canto de defender a interpretación que beneficia aos veciños”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará