Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A maquinaria da Deputación enfronta ao PP coa oposición en Redondela

RR_Noticias

A voceira dos populares en Redondela, Carmen Amoedo, critica ao novo goberno bipartito da Deputación (PSOE-BNG) a quen acusa de paralizar “un parque de maquinaria moi custoso e que realizaba unha labor moi necesaria de apoio aos concellos da provincia”. A oposición responde que o novo goberno acabou coa “Deputación caciquil de Louzán” que só enviaba es maquinaria aos concellos amigos.

Unha cuestión esta que chegaba ao pleno a través dunha moción dos populares na que denuncian a situación de parálise do parque de maquinaria do ente provincial dende que se producira o cambio de goberno. Por este motivo pedían o apoio do resto dos grupos para solicitar que se poña en marcha un plan de actuación que aproveite os recursos existentes e se apoien as necesidades dos concellos. Unha petición que non atopou ningún apoio e si moitas críticas dirixidas ao goberno popular que durante anos e baixo a presidencia de Louzán dirixiu a Deputación. Así, dende o BNG aseguran que xa hai en marcha un “plan Móvese” que busca establecer criterios obxectivos e facilitar apoio dende a Deputación aos concellos que así o soliciten. Tamén AER votaba en contra argumentando que é o momento de dar un voto de confianza a nova Deputación que dirixen PSOE e BNG. Máis belixerante amosábase a voceira do PSOE, Digna Rivas, quen acusaba ao PP de presentar “a moción da mentira” e aseguraba que o parque de maquinaria “non está paralizado aínda que se produciron cambios ao non enviarse as máquinas exclusivamente a concellos do PP, senón que se empregan para arranxar estradas provinciais”. A moción dos populares foie rexeitada ao non acadr ningún apoio de entre os concelleiros da oposicións.  

Carmen Amoedo PP
A popular presentaba unha petición para reclamar maior apoio da Deputación
Xoan Carlos González BNG
Entende que a demanda do Pp está xa recollida no Plan Móvete
Jorge Varela AER
A Agrupación de Electores da un voto de confianza á nova deputación
Digna Rivas PSOE
A socialista acusa aos populares de presentar a moción da mentira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará