Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco pasa á final da Copa Deputación logo de eliminar ao Rápido de Bouzas nos penaltis

RR_Noticias

Os de Marcos Montes superaron onte ao Rápido de Bouzas na semifinal da Copa Deputación e pelexarán polo título ante o Alondras. Redondeláns e vigueses medíronse no Baltasar Pujales nun partido con moitas ocasións, pero que rematou con empate a ceros. O pase á final decidiuse nos penaltis, onde o Choco estivo máis acertado.

Como era previsto, o Choco saltou ao campo cun equipo marcado polas rotacións, logo de ter xogado 48 horas antes en Badaxoz un partido moi esixente da fase de ascenso. Lucas, Gándara, Comis e Hugo foron os únicos xogadores que repetiron no once. O combinado de Bouzas era o titular habitual. Os dous equipos foron a polo partido, e buscaron o gol desde o comezo. Houbo ocasións para os dous rivais, con algo máis de dominio do Choco, pero os dianteiros non estiveron acertados. Na segunda parte foi o Rápido o que controlou o xogo, pero os redondeláns reforzaron a defensa coa entrada de Iago Vázquez, e organizaron o ataque con Alberto, e volveron dominar. Con todo, o marcador non se moveu, e a semifinal decidiuse nos penaltis. Polo Choco marcaron Hugo, Félix, Gándara e Alberto; e polo Rápido Pereira, Ross e Sergio Santos.
Fase de ascenso co Zaragoza B
Agora, o equipo de Marcos Montes centrarase en preparar o partido do domingo en Santa Mariña (18:30) contra o Zaragoza B, correspondente á fase de ascenso a Segunda B. Trátase dun rival moi duro, con excelentes resultados tanto a nivel defensivo como ofensivo. O adestrador redondelán, Marcos Montes, está a estudar as súas “debilidades” co obxectivo de deixar a portería local imbatida este domingo. Deste xeito podería viaxar a Zaragoza con opcións de clasificarse para a seguinte fase e “prolongar o soño”. Para Montes é fundamental o apoio do público redondelán, que confía en que encha o campo de Santa Mariña para arroupalos, tal como fixeron ante a visita do Badaxoz.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará