Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O supermercado de Mercadona en Cedeira abre mañá as súas portas

RR_Noticias

Logo de meses de obras finalmente a cadea de supermercados Mercadona abrirá o seu primeiro establecemento na nosa comarca. De feito, un cartel colocado dende hai días no valado que rodea esta gran superficie xa se anunciaba a súa próxima apertura para o día 31 de maio. Atrás quedan as propias obras de construción do edificio que albergará as diferentes seccións de venta e, sobre todo, atrás quedan as molestias ás que tiveron que facer fronte os veciños de Cedeira e usuarios do principal acceso a esta parroquia.

Durante semanas este acceso estivo pechado por mor das obras de construción da rotonda na N-552, glorieta que actualmente xa está completamente operativa. Unha rotonda que facilita o acceso ao propio supermercado, pero tamén a Baixada a estación así como o cambio de sentido para todos aqueles vehículos que circulan entre Redondela e Vigo.
O novo establecemento de Mercadona disporá dunha superficie de ventas de 1.500 metros cadrados e dun aparcamento de 150 prazas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará