Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Listas de espera de máis dunha semana para recibir atención primaria no Centro de Saúde

RR_Noticias

Esquerda Unida denuncia a situación que se está a vivir nos Centro de Saúde de Redondela, coas ausencias de varios profesionais por baixas ou vacacións que non son substituídas, xerando unha sobresaturación de traballo, molestias para os pacientes e listas de espera dunha semana e máis para acudir ao médico de cabeceira. “Dándose casos de ter que esperar dúas semanas para acudir ao médico de cabeceira, e todo por non contratar médicos substitutos”.

Desde EU-PCG consideran que non é de recibo que unha persoa teña que esperar ata 14 días para acudir ao seu médico de cabeceira”. O que sucede, segundo explican “é que moita xente opta por acudir por urxencias aínda non tratándose de situacións de verdadeira urxencia , o que sobrecarga de máis traballo ao resto de profesionais que teñen que asumir a atención dos pacientes dos médicos que gozan do seu dereito a vacacións e que non son substituídos. Isto e algo que se ven repetindo nos últimos anos, especialmente no verán, aínda que a situación este ano é aínda peor que os anteriores. O deterioro da sanidade pública é máis que evidente, e máis aínda no nivel máis próximo, na Atención Primaria. Ante esta situación esixen ao goberno municipal que demande do Sergas unha atención sanitaria digna para a veciñanza, facendo presión ante a administración sanitaria (nomeadamente ante a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará