Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela vive intensamente a súa Festa da Coca

RR_Noticias

A Danza das Espadas e as Penlas, tanto na praza da Casa da Torre como na praza da Constitución, congregaba onde a milleiros de persoas que non quixeron perderse a cita máis salientable da que os redondeláns presumen con orgullo. Un festivo local que contou cun tempo espléndido e que moitos aproveitaron xa dende primeira hora para pasear polas rúas do casco urbano adornadas con alfombras florais. A programación continúa hoxe con actividades para os nenos a partir das 18:00 horas na Alameda e concerto de música folk con A Roda e Pan de Capazo ás 22:00 horas no Campo da Feira.

As emotivas intervencións de Margot Araujo como pregoeira da festa e o mestre da Danza das Espadas Fernado Puertas “Ley” serviron na tarde do mércores de pistoletazo de saída para unhas festas que continuarán ata o domingo. E xa onte, festivo local e día grande festa, dende primeira hora da mañá eran moitos os que percorrían a céntrica rúa Alfonso XII así como o casco vello para ver de primeira man as alfombras florais que adornaban os adoquíns. As tradicionais imaxes xeométricas e florais estiveron acompañadas de motivos máis novidosos como a imaxe da bandeira de Redondela ou unha homenaxe a Miguel de Cervantes, tanto coa representación da figura do escritor como dos seus personaxes icónicos Sancho Panza de Don Quijote. Unhas alfombras de vida efímera e polas que discorreu a procesión que partía da igrexa de Santiago. Unha procesión que volveu contar con representación institucional con presenza de boa parte do goberno local e o propio alcalde Javier Bas. O acto central viviuse unha vez máis coa interpretación da Danza das Espadase as Penlas, baile que se puido ver na praza da Casa da Torre e na Praza da Constitución, dúas representacións que foron seguidas por centos de veciños e visitantes. A programación de hoxe inclúe o trasladado da Virxe a Gabacha á Igrexa de Vilavella acompañada pola banda de Música Municipal de Redondela. Xa pola tarde a partir das seis e sempre e cando o tempo o permita arrancará a programación de A Coca dos Nenos” con actividades apra os máis pequenos que inclúen música en directo, xogos con pelotas xigantes e probas de habilidade a cargo da compañía Nifú Nifa Animacións. As dez da noite concerto de música folk no campo da feiras coa actuación dos grupos A Roda e Pan de Capazo. Xa na fin de semana o sábado deixaranos actividades para os máis pequenos co espectáculo Conto dos sete mares na Alameda e verbena nocturna coas orquestras Costa Oeste e Delirio. Paralelamente os alfombristas traballarán na elaboración dos tapices florais nas rúas de Vilavella. O domingo ás doce do mediodía volverán sair á rúa a Coca cos Mordomos e Diabiños acompañados polos xigantes e Cabezudos quen percorrerán a vila ao son do grupo de gaitas Son do Castro de San Esteban de Negros. Os actos relixiosos terán lugar ás doce do medio día e a continuación a procesión percorrerá as ráus de Viavella decoradas con alfombras florais. A praza de Ribadavia será o escenario no que nesa xornada se poderá ver a Danza das espadas e as Penlas. Pola tarde haberá patiñaxe na Pista da Xunqueira e a orquestra Televisión será a encargada de pechar as festas deste ano cunha verbena no Campo da Feira.  

Margot Araujo pregoeira
un orgullo ser redondelá
Manter as tradicións
Lembrou a súa labor na recuperación dos traxes tradicionais
Fernado Puertas "Ley" mestre da Danza
Amosaba o seu emocionado orgullo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará