Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Títeres Alakrán presenta o espectáculo infantil “Os soños na Gaiola” de Manuel María

RR_Noticias

A compañía Títeres Alakrán, a cargo do actor, escultor, construtor e manipulador de monicreques Borja Ínsua, achega este espectáculo de monicreques para público infantil e familiar, que ofrece unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola de Manuel María, co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da infancia do poeta chairego. A actividade, organizada por Normalización Lingüística terá lugar o domingo 29 ás 19:00 horas no Multiúsos.

Esta adaptación, ademais dunha homenaxe a Manuel María, é tamén unha forma distinta de achegar a súa palabra poética a través dos recursos escénicos e dramatúrxicos que proporciona o teatro de monicreques. Na obra, o propio Manuel María transfórmase en monicreque para interactuar cos nenos. A obra ten ademáis unha forte presenza musical, grazas á cal poemas como O Soñador, Galicia ou O Río convértense en cancións.
O titiriteiro chega á vila cunha gaiola cargada de soños. Acompáñao o poeta Manuel María transformado en monicreque. Manuel María quere que o titiriteiro represente os poemas que el escribiu para divertir aos nenos e nenas galegos. Para facelo, o titiriteiro pídelle aos integrantes do público que sopren forte para lle axudaren a facer nacer a Alicia, a nena protagonista desta historia. Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico, extraño, e mesmo incomprensible. No seu camiño atoparase con toda unha galería de personaxes marabillosos e sorprendentes que lle irán dando pistas sobre Galicia.
A función representarase o domingo 29 de maio, ás 19.00 h, no auditorio da Xunqueira. As entradas pódense mercar dende o venres cun prezo de 3 € para público adulto e 2 € para público.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará