Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

150 patinadores participan no pavillón de A Marisma no campionato escolar de grupos show

RR_Noticias

Un total de 150 patinadores participarán este sábado nunha proba do Campionato galego escolar na modalidade show. Unha actividade organizada dende o club de patinaxe Bolboreta de Redondela en colaboración coa concellería de deportes. As portas para asistir a esta vistosa modalidade deportiva abriranse ás 18:00 horas.

O presidente do club Bolboreta, José Albán, anima aos veciños a asistir para gozar das piruetas dos deportistas na pista pero tamén para achegarse a un deporte cada vez máis espallado e que conta xa no noso concello cun total de 80 patinadores. Nenos e nenas de entre 4 e 17 anos que non dubidan en sacrificar o seu tempo de ocio para adestrar duramente e poder así lograr acceder á competición oficial. Albán asegura que o club está a vivir un momento de rexurdimento logo de que hai uns meses se cambiara a directiva e se contratasen adestradores para mellorar o rendemento dos patinadores que xa formaban parte do club así como animar a novos deportistas a unirse a esta disciplina. No campionato escolar deste sábado, participarán un total de 8 clubs (7 da provincia de Pontevedra e un de Ourense) coa presenza da máis de 150 patinadores.  

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Campionato escolar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará