Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aulas medio baleiras nos colexios de Redondela pola reválida de 6º de Primaria

RR_Noticias

Onte comezaron as probas de reválida, que rematarán mañá venres. Na maioría dos centros redondeláns os alumnos faltaron masivamente ás aulas, con ausencias de ata o 97% en colexios como o CEIP Santo Paio, de Reboreda, ou do 90% no CEIP Alexandre Bóveda de Chapela. Pola contra, nos centros CEIP Igrexa e Outeiro das Penas os alumnos acudiron masivamente a facer a proba.

Noutros centros, como o CEIP Santa Mariña, boicotearon a proba o 78% dos alumnos, e a ausencia superou o 60% en colexios como os CEIP de Quintela e Cedeira. Pola contra, en dous centros do municipio a participación na reválida foi elevada. No colexio Igrexa de Chapela fixeron o exame oa totalidade dos alumnos, e no CEIP de Cesantes o 90% asistiron ás aulas para realizar a proba.
No conxunto de Galicia están chamados a esta proba 22.000 alumnos de sexto de Primaria nun total de 800 centros. Segundo datos da Xunta de Galicia o 60% do alumnado realizou a avaliación de diagnóstico. É dicir, catro de cada dez non foron a clase en protesta pola proba da Lomce. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou que son datos “razoables” ao ter en conta o escenario “de tensión e os chamamentos constantes ao boicot e á insubmisión” por parte de algunhas organizacións. Mentres dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino aseguran que a ausencia nas aulas de 6º foi do 80%. O colectivo reiterou o seu “rexeitamento absoluto” a este tipo de probas, que consideran “antipedagóxicas” e “discriminatorias” para o proceso de aprendizaxe e de avaliación continua. Anxo Louzao, portavoz da CIG-Ensino, valorou o “éxito” da xornada de boicot a estas probas e aplaudiu o “gran sacrificio” das familias ante as dificultades para “conciliar a vida laboral e familiar” ao non enviar aos seus fillos a clase durante estes días.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará