Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Puntada sen fío presenta no Multiúsos o seu disco “A lúa prendeu a luz”

RR_Noticias

O ciclo da Rede de Músicas Soltas de Redondela, organizado pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Central Folque, acolle este sábado un novo concerto a cargo da agrupación Puntada sen fío que presenta o seu primeiro disco “A lúa prendeu a luz”. O concerto celebrarase no auditorio da Xunqueira o sábado 14 de maio, ás 21.00 h, con entradas a 5 € (2 € para persoas desempregadas e até 25 anos, e de balde ata os 10 anos).

Este grupo naceu en 2015 en Compostela, e está formado por Xiana Lastra (voz), Juan Collazo (percusión) e Roberto Rama (saxo soprano). Estes tres músicos, que pasaron con anterioridade por diferentes formacións musicais, como o grupo de percusión Odaiko, Fía na Roca ou Os dAbaixo, decidiron montar un espectáculo en pequeno formato para chegar facilmente ao público, baseando o seu repertorio na música tradicional e de autor do noso país, cunha sonoridade orixinal, creada en gran medida polos instrumentos que empregan sobre o escenario.
O seu primeiro traballo “A lúa prendeu a luz”, editado en 2015, está formado por nove temas de moi diferentes estilos, desde temas que parten do tradicional a outras composicións propias, de autores da nosa terra ou traducións de cantigas escritas orixinariamente noutras linguas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará