Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nespereira celebra a XII edición da Festa do Ovo da casa

RR_Noticias

Pratos económicos con produtos de calidade e da casa é a oferta gastronómica que imos atopar nesta festa que se celebra o domingo na parroquia de Pazos de Borbén. Prepararanse unas 2.000 racións con prezos de 4 euros a empanada, seis euros os ovos cocidos con grelos e cinco euros o prato estrela, os ovos fritidos con patacas. Unhas apetitosas racións que se servirán acompañados de viño e pan.

O ovo nas súas diferentes preparacións é o protagonistas desta festa que naceu xa hai doce anos co obxecto de dar a coñecer esta parroquia de Pazos e situala no calendario das citas gastronómicas da bisbarra. Un produtos que gusta a grandes e pequenos sobre todo cando falamos dun produto da casa doado polos propios veciños de Nespereira que ceden tanto os ovos como os grelos e o viño. Con produtos de máxima calidade elaboraranse os diferentes prazos que se servirán na carpa instalada na parroquia a partir das doce da mañá. Tortilla francesa ou de patacas, empanada de atún con ovo, grelos cocidos con chourizo e dous ovos ou o prato estrela, os ovos fritidos con patacas e chourizo. E de sobremesa, filloas. Durante toda a xornada haberá música amenizando o lugar e o pregón correrá a cargo de Noelia Otero da TVG. A festa estará amenizada polo grupo estelar.  

Miguez presidente da organización
Ovos da casa e de calidade
Pratos variados
Cocidos fritidos ou en tortilla

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará