Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns poderán viaxar no transporte urbano de Vigo coa tarxeta metropolitana

RR_Noticias

A partir de xullo os redondeláns, e todos os veciños da área, poderán usar o cartón metropolitano tamén nos autobuses urbanos de Vigo, os Vitrasa. Un total de 20 alcaldes, entre eles Javier Bas, pactaron onte por unanimidade a incorporación de Vigo neste servizo. Era o único requisito pendente para aprobar a constitución da Área Metropolitana.

Vigo xa comunicou á Xunta a súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano. Así llo anunciou o rexedor vigués, Abel Caballero, aos seus homólogos dos concellos implicados na área, entre eles os de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, que onte participaban nunha xuntanza na Praza do Rei. Deste xeito queda resolto o último escollo para a modificación da Lei da Área. De axilizarse os prazos, a firma do ingreso tería lugar en dez días, e en xullo xa podería estar a funcionar o billete único para toda a área. Esta decisión suporá que os redondeláns, e todos os veciños da área, poderán usar o cartón metropolitano tamén nos autobuses urbanos da cidade, os Vitrasa. O acordo supón un gran avance para as 600.000 persoas que residen nos concellos que xa forman parte da área, e aqueles que aspiran a sumarse. Con todo, Caballero fixo fincapé en tres aspecto que, ao seu parecer, debesen estar incluídos na nova Lei. O primeiro, que Vigo teña tratamento de capital de provincia á hora de dotarse de servizos, que se permita o ingreso de municipios non limítrofes e, en último lugar, reclama que aparezan recollidos na Lei os distintos modos de financiamento. Con respecto ao calendario, Caballero entende que se se apuran os prazos a Lei da Área Metropolitana podería entrar en vigor en outubro. A partir desa data pedirá a ampliación de 14 a 23 concellos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará