Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aparece unha balea morta na zona da Portela

RR_Noticias

O animal apareceu varado na tarde noite de onte e todo apunta a que se trataría dunha cría de roncual común de aproximadamente 6 metros de lonxitude. A presenza deste mamífero nas nosas costas non é extraordinaria tendo en contra que as costas de Galicia son zona de paso migratorio para esta especia, a segunda máis grande do planeta despois da balea e que pode chegar aos 27 metros de lonxitude. Cabe a posibilidade de que este exemplar, aínda unha cría, se sentise débil e buscase augas máis tranquilas que o levou a quedar varado.

A concellería de medio Ambiente xa trasladou o caso á Secretaría Xeral de Calidade de evaluación ambiental que se encargará da xestión e retirada do animal logo de que un veciño alertase aos servizos municipais da súa presenza na zona da Portela. Haberá que eseprar ás análises posteriores do animal para coñecer ou aventurar cales puideron ser os motivos de que acabara varado na Portela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará