Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Choco de Redondela e viño de Ribeiro

RR_Noticias

A carpa que albergará aos 30.000 asistentes que se espera pasen por Redondela esta fin de semana para gozar da XXX festa do Choco está xa preparada no campo da feira. Unha carpa na que se instalarán seis postos de hostalaría nos que se servirá ao redor de 2.000 kilos de choco. Un produto que conta coa garantía de proceder da enseada de San Simón. Para acompañar servirase un ribeiro, nas súas variantes de tinto ou branco.

O programa da XXX Festa do Choco inclúe degustación deste produto en diferentes pratos, na súa tinta, con arroz, á prancha con cachelos, con ameixas ou á mariñeira. Tamén as tradicionais empanadas de trigo e millo. O patrón maior, Clemente Bastos, insiste na calidade do produto que se vai despachar na carpa xa instalada “hai un compromiso por parte dos hostaleiros a servir choco da enseada, un choco de calidade que non ten competencia”. Con estas iniciativas queren promover o produto entre os visitantes pero insisten tamén na necesidade de que os propios redondeláns esixan que o produto que merquen sexa de Redondela “temos que vender máis na nosa vila, porque actualmente case todo o choco que capturamos vaise para restaurantes de fóra principalmente de Madrid e Barcelona”. Apuntaba tamén o patrón maior que no referente ás capturas todo apunta a que será este un ano que mellorará os datos do 2015.  

Clemente Bastos patrón maior
Garántese a procedencia do choco
Máis capturas
A tempada preséntase mellor que a do ano pasado
Jesús Fernández hostaleiro
Pratos tradicionais e innovadores
Compromiso de hostaleiros e confraría
Que o produto sexa o noso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará