Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Vilas Quartet presenta “Ubuntu” no Multiúsos

RR_Noticias

O pianista e compositor Alberto Vilas presentará este sábado 7 de maio ás 20:30 horas no Auditorio da Xunqueira o seu novo álbum titulado “Ubuntu”. Acompañan ao compositor os seus músicos habituais Rosolino Marinello, Juansy Santomé e Javier Barral ademais da colaboración especial de Diana Tarín. As entradas pódense retirar xa no propio Multiúsos. O prezo é de 5 € (3 entrada reducida para desempregados e xubilados).

“Ubuntu” é unha palabra das linguas indíxenas sudafricanas zulú e xhosa que alude nesas culturas tradicionais unha dimensión ético-moral da convivencia baseada no respecto mutuo, a empatía e a colaboración libre, aberta, valente e sincera entre as persoas. Emocionado por ese significado, Alberto Vilas decidiu poñer ese título ao seu terceiro traballo. Un disco máis maduro no que ademais de contar coa formación tradicional, Rosolino Marinello no saxo, Juansy Santomé no contrabaixo e Jaime Barral na batería, inclúe a voz da cubana (pianista e cantante) Diana Tarín. A música de Alberto Vilas Quartet poderá escoitarse este sábado a partir das 20:30 horas nunha cita que servirá aos afeccionados ao jazz e seguidores do pianista redondelán para reatoparse con el e coa súa música. Con todo, Vilas anima especialmente a todos aqueles que gusten da música a darlle unha oportunidade a este estilo, un jazz ao que imprime características propias da súa formación clásica e da súa experiencia ao fronte de formacións tan diversas como Tangata, especializada nos tangos.  

Alberto VIlas músico
Ubuntu
Formación
Músicos habituais e colaboración de Diana Tarín
Jazz para todos
Un concerto que gustará a todos os que gosten da música

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará