Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición insta ao PP a xestionar a retirada da cuberta de uralita do Colexio de Quintela

RR_Noticias

O tellado deste centro educativo sufriu no ano 2011 importantes danos cando un temporal desprendeu parte da cuberta. Logo de suspenderse as clases temporalmente e proceder ás reparacións necesarias para que o colexio volverse estar operativo, o compromiso inicial era renovar posteriormente o tellado na súa totalidade retirando a uralita e procedendo a súa substitución cunha nova cuberta. Cinco anos despois o colexio segue na mesma situación motivo polo que o PSOE levou a pleno unha moción na que instan ao PP a reclamar da Xunta que se destine unha partida para acometer esta obra. A proposta contou co apoio de todos os grupos.

A corporación apoiaba por unanimidade a moción do PSOE para reclamar á Xunta de Galicia que inclúa nos seus orzamentos unha partida para cambiar o tellado do colexio de Quintela. Unha cuberta que logo do desprendemento e reparación “provisional” realizada no 2011 segue nas mesmas condicións. Eduardo Reguera lembraba que “a Xunta está a retirar os tellados de fibrocemento de moitos centros educativos polos posibles riscos que podida ter na saúde dos rapaces”. Malia asegurar o PSOE que esta obra era un compromiso xa adquirido polas autoridades educativas, a Concelleira do PP Teresa París, responsable de ensino en Redondela, aseguraba que o informe técnico elaborado pola Consellería garante “o bo estado do tellado, ao non presentar problemas que fagan preciso a súa reparación” aínda que si se recolle no mesmo informe que “cando haxa disponibilidade orzamentaria se cambiaría para mellorar o illamento térmico e favorecer o aforro enerxético”. Os nacionalistas, que xa hai anos presentaran unha moción instando a facer esta obra insistían na idea de que “non está demostrado que este material sexa inocuo para a saúde” polo que se fai preciso “que o goberno presione a Xunta para que se retire esa cuberta canto antes”. O edil de AER, José Bernardo Crespo “Campa” reclamaba tamén que a Xunta cumpra co seu compromiso e “coloque unha nova cuberta”.  

Eduardo Reguera PSOE
Reclama a retirada da cubnerta do colexio tal como comprometeran as autoridades educativas
Xoan Carlos González BNG
Apunta que non está garantido que o fibrocemento sexa inocuo para os nenos
José Bernardo Crespo AER
AER reitera a idea de perigosidade da uralita
Teresa París PP
A concelleira de ensino lembra un informe no que se apunta que o tellado do colexio atópase en bo estado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará