Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica a falta de criterio de Javier Bas na contratación de persoal

RR_Noticias

A Agrupación de electores critica que a oferta laboral para cubrir diferentes postos de persoal de funcionario non se rexa por un único criterio. Explican que mentres a maior parte dos postos se cobren ben por “promoción interna” cando xa existen traballadores que cumpren os requisitos esixibles, ou ben por “oposición libre”, o goberno local decide agora incluír dúas excepcións: as prazas para mestres do conservatorio e a praza de inspector de policía.

As bases para o profesorado do Conservatorio e da Escola de Música son os únicos que se van cubrir por concurso-oposición, explican dende AER quen critican que ademais se contemple darlle á fase de concurso o máximo legal de proporción da nota: o 40%.
A agrupación política explica tamén que Javier Bas argumentou esta decisión “en recoñecemento ao labor do profesorado do Conservatorio”, unha afirmación que ao entender de AER leva implícito que “os outros traballadores e traballadoras que están a cubrir postos de forma interina non merecen tal recoñecemento segundo o alcalde”.
Na comisión informativa, o PSOE e a concelleira non adscrita apoiaron a proposta do PP; o BNG, aínda que non asistiu, sempre defendeu o concurso oposición para todas as convocatorias. A diferenza neste caso entre PSOE-BNG e PP é que tanto PSOE como BNG apostan porque se saquen todas as prazas por concurso-oposición. O PP só aposta por este método de selección no caso do Conservatorio e da Escola de Música. Tamén os sindicatos apostan por esta formula para todas as convocatorias “postura que entendemos xa que defenden aos seus compañeiros”. Dende AER “aceptamos o que decida a maioría, aínda apostamos pola oposición libre, por parecernos o máis xusto”.
En canto a praza de inspector de policía critican que o alcalde decidise convocala por mobilidade “dando prioridade a un cambio de lugar de traballo para alguén que xa ten ese posto noutro concello, en contra da promoción interna e ascenso na súa carreira de quen xa está no corpo da Policía Local de Redondela, que non vai ter así posibilidade de ascender”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará