Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fiscalía pide ao Concello documentación sobre a comida de Feijoo durante a festa do Choco

RR_Noticias

A Fiscalía pediu ao concello de Redondela documentación relativa á comida celebrada durante as festas do Choco do ano pasado e que tivo un custe de 1.400 euros, cantidade que nun primeiro momento foi cargada ás arcas municipais e que posteriormente foi abonada polo alcalde, Javier Bas, logo de que AER puxera en cuestión que se tratara dun actos institucional ao coincidir en plena campaña electoral. A documentación requerida pola Fiscalía, segundo explica a voceira popular Carmen Amoedo, fai referencia ás invitacións que se terían cursado dende o goberno local e que virían demostrar que se tratou dunha comida institucional e de promoción da festa gastronómica, tal e como sempre defendeu o goberno local.

Asegura Amoedo que logo de dez meses non contan con ditas invitacións, que foran enviadas por correo electrónico, pero que si lograron recuperar algunha. Xunto coa documentación requerida e que obra no seu poder enviarán tamén o informe elaborado pola responsable do Departamento de Novas Tecnoloxías no que se dá conta do borrado por cuestións técnicas do ordenador empregado para realizar dita xestión “a instalación do novo correo da persoa encargada de transparencia eliminou os arquivos preexistentes, un borrado que nos fai imposible recuperar a totalidade das invitacións que se cursaron ás diferentes institucións e partidos políticos convidados á esa comida institucional”.A petición da información chega semanas despois de que a Agrupación de Electores presentara un escrito na Fiscalía de Vigo para que investigara o pago de dita comida por entender que “o goberno local estaba a empregar os cartos do concello para pagar actos de partido”.Malia que nun primeiro momento a factura por valor de 1.400 euros foi cargada ás arcas municipais “sen que houbera reparos de intervención”, finalmente o alcalde decidiu ingresar eses cartos “para non crear maior controversia e evitar innecesarias polémicas”.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará