Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno aproba cos votos en contra de AER o texto modificado da lei da Área Metropolitana

RR_Noticias

A corporación municipal aprobou por maioría, cos votos en contra dos catro concelleiros da Agrupación de Electores o texto modificado da lei da Área metropolitana de Vigo. As tres formacións (PP, PSOE e BNG) deron o seu apoio a esta modificación consensuada entre os 14 concellos da Área Metropolitana e a Xunta e que supón un trámite necesario para poñer en marcha este órgano supramunicipal. A voz discordante púxoa AER quen argumentou o seu voto en contra “porque esta lei conduce a que Redondela acabe sendo un barrio de Vigo”. Amosaron tamén as súas reticencias á falta de claridade sobre o custe que lle suporá ao concello adherirse a este organismo.

O debate previo á votación non estivo con todo exento de críticas por parte de BNG e PSOE, quen malia votar a favor do texto lamentaron que o PP non sempre buscara o consenso á hora de abordar este asunto. Así o explicaba o nacionalista Xoan Carlos González, quen aseguraba que as negociacións que nos últimos meses desenvolveu a Xunta cos concellos implicados responde aos malos resultados que as pasadas eleccións municipais lle propinaron aos populares na comarca viguesa. Engadía González que o Bloque sempre apostou pola área metropolitana como xeito de mellorar os servizos que se prestan aos veciños de concellos pequenos e medianos. Concluía asegurando que será traballos do goberno local evitar que Redondela perda a súa identidade e sexa absorbida por Vigo. As críticas socialistas ían encamiñadas a que a Area Metropolitana non arranque xa con todos os concellos que demandaron formar parte dela e só cos 14 inicialmente previsto. Eduardo Reguera recriminaba ao alcalde que non exista referencia concreta no texto ao tren de proximidade e a necesidade de incrementar e mellorar os servizos ferroviarios. Neste sentido os populares, a través da súa voceira, Carmen Amoedo insistían no consenso como pedra angular da nova lei “logo de que a xunta se reunise con todos os concellos implicados” e lembraba aos socialistas que o transporte ferroviario é competencia exclusiva de Fomento. Insistía tamén nos avances que esta lei suporá para o transporte de viaxeiros “xa que grazas á inclusión de Vigo os usuarios de Redondela poderán facer transbordos e moverse pola cidade viguesa sen necesidade de abonar máis dun billete”. Máis rotundos nas súas críticas eran os concelleiro de AER , quen votaron en contra por entender que a lei non especifica a achega económica que lle suporá ao concello formar parte da área metropolitana. Alertan tamén que Vigo ten poder co 45% do voto ponderado para vetar practicamente calquera iniciativa que parta do resto dos concellos e que esta lei “conduce a que Redondela acabe sendo un barrio de Vigo” en palabras de Ricardo Figueroa. Amoedo lamentaba a postura de AER “non é lóxico votar en contra dunha área metropolitana cuxa lei ten recollido practicamente a totalidade das propostas emanadas do pleno”. Acusaban aos concelleiros da agrupación de electores de “votar en contra dun texto histórico que serve para mellorar as condicións de vida dos veciños”.  

Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas entenden que a Área conlevará unha mellora dos servizos para os veciños
Ricardo Figueroa AER
Aer foi o único grupo que votou en contra
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas lamentan que non haxa compromisos de mellora no tren de proximidade
Carmen Amoedo PP
Críticas por parte dos populares ante unha postura a de AER que cualifican de ilóxica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará