Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música barroca con Il Combattimento na Igrexa de Reboreda

RR_Noticias

A programación do ciclo de música nas igrexas, Pórtico Sonoro, continúa este sábado 2 de abril cun concerto da agrupación Il Combattimento, especializada en música barroca. Unha actuación que terá lugar ás 21:00 horas na Igrexa de Santa María de reboreda con entrada de balde. Organiza a Concellería de Cultura.

Il Combattimento é un grupo adicado á interpretación de música antiga establecido na cidade de Lugo e impulsado polo músico, investigador e construtor de instrumentos, Abraham Cupeiro. Un dos seus sinais de identidade é a polivalencia dos compoñentes do grupo que, alén de construiren algúns dos instrumentos que executan, exercen tamén como cantantes e instrumentistas, unha práctica que xa era habitual na Idade Media e no Renacemento. Ademais, nas súas interpretacións empregan recursos habituais da época orixinaria das composicións, como a improvisación no canto gregoriano, e foxen de estereotipos modernos á hora de interpretar esta música.
Nesta ocasión o grupo integrado por María Ruiz (traverso barroco) e Abraham Cupeiro (chalumeaux, frauta de bico, cornetto e trompeta natural), colabora con membros do grupo de música antiga, con sede no Porto, Favola D´Argo, formado polo organista e clavecinista, Marco Aurélio Brescia e pola soprano Rosana Orsini, especializado na interpretación de música do repertorio barroco.
O concerto celebrarase o sábado 2 de abril, ás 21.00 h, na igrexa de Santa María de Reboreda.
A entrada é libre.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará