Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castro Chapela mantén o liderado

RR_Noticias

Nun equipo con protagonismo para os suplentes, os de Fran Teixeira impuxéronse sen problemas ao Ártabro, afundido no pozo da clasificación. Peor sorte correu a SAR Plastic Omnium, que non puido cun Acanor Novás que malia todo tivo que sufrir para levar os puntos de Redondela.

Primeira Nacional
Construcións Castro Chapela 32-18 Ártabro
Fran Teixeira deu descanso aos xogadores máis habituais, e foron na súa maioría os suplentes os que saltaron á pista ante o Ártabro. Os de Chapela impuxeron o seu xogo sen problemas ante un Ártabro afundido no pozo da clasificación. A próxima xornada, despois da Semana Santa, o Chapela xoga na pista do Calvo Xiria, segundo na táboa.
SAR Plastic Omnium 17-21 Atl Novás
Os de Carlos Rey, no ecuador da táboa, non foron quen de aguantar o ritmo do Atl. Novás. Con todo, os redondeláns deron a batalla e plantaron cara aos do Rosal, que sufriron para conseguir a vitoria. A próxima xornada a SAR xoga na pista do Granitos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará