Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela faise coa VII Bandeira Concello de Bueu de Bateis na modalidade feminina

RR_Noticias

Nunha xornada húmida, con chuvia e frío, os equipos femininos do Club de Remo Chapela fixéronse o sábado coa bandeira feminina en Bueu, mentres Samertolameu conquistou a masculina. Onte domingo participaron no Grove no Memorial “Josiño”, onde acadaron a prata en Promesa Feminino e o bronce en Absoluto Feminio.

As mozas de Chapela, aínda que non gañaron ningunha do tres probas femininas, si confirmaron ser as máis regulares con dous terceiros postos e un segundo na VII Bandeira Concello de Bueu de Bateis, disputada o sábado. Sumaron 19 puntos, seguidas de Tirán con 17 e Vila de Cangas, 13. Unha bandeira máis para as de Chapela, que suman xa catro no que vai de temporada. En canto á categoría masculina, Samertolaméu foi protagonista absoluto con dous ouros, un terceiro posto e un noveno. O club sumou 22 puntos, seguido de Mecos con 18 e Bueu, 14.
Promesa feminino: 1. Vilaxoán, 5.05:64; 2. Samertolaméu, 5.07:72; 3. Chapela, 5.08:16. Xuvenil feminino: 1. Vila Cangas, 10.43:41; 2. Tirán, 11.12:01; 3. Chapela, 11.33:40. Absoluto feminino: 1. Mecos, 10.17:82; 2. Chapela, 10.29:27; 3. Tirán, 10.30:95. Infantil masculino: 1. Bueu, 5.02:41; 2. Robaleira, 5.04:41; 3. Mecos, 5.25:10. Cadete masculino: 1. Virxe Guía, 7.14:76; 2. Vila Cangas, 7.18:10; 3. Samertolaméu, 7.22:30. Xuvenil masculino: 1. Samertolaméu, 9.30:91; 2. Mecos, 9.38:43; 3. Tirán, 9.40:89. Absoluto masculino: 1. Samertolaméu, 9.03:30; 2. Moaña, 9.10:08; 3. Bueu, 9.13:85.
I Memorial José Prieto Muñiz “Josiño”
Na regata, celebrada en Porto Meloxo do Grove e organizado polo club Amegrove, só Vilaxoán puido conquistar dobre vitoria: en promesa feminino e infantil masculino, mentres que os outros vencedores foron Vila de Cangas (cadete masculino), Mecos (xuvenil masculino), Samertolaméu (absoluto masculino), Náutico de Riveira (xuvenil feminino) e Cabo da Cruz (absoluto feminino). O C.R. Chapela tivo que conformarse co segundo posto en Promesa Feminino e un terceiro no Absoluto Feminino.
Promesa feminino: 1. Vilaxoan, 4.55:90; 2. Chapela, 5.00:90; 3. Samertolaméu, 5.13:57; 4. Vila Cangas, 5.15:44; 5. Mecos, 5.16:31. Xuvenil feminino: 1. N.Riveira, 10.45:87; 2. Vila Cangas, 10.56:08; 3. Cabo Cruz, 10.59:12; 4. Chapela, 11.14:11; 5. Tirán, 11.14:65. Absoluta feminino: 1. Cabo Cruz, 10.11:20; 2. Mecos, 10.19:14; 3. Chapela, 10.24:60; 4. Tirán, 10.43:71; 5. Bueu, 12.50:39. Infantil masculino: 1. Vilaxoán, 5.01:80; 2. Robaleira, 5.06:26; 3. Bueu, 5.06:83; 4. Mecos, 5.23:77; 5. Chapela, 5.42:35. Cadete masculino: 1. Vila Cangas, 7.36:17; 2. Vilaxoán, 7.38:47; 3. Virxe Guía, 7.42:90; 4. Samertolaméu, 7.44:71; 5. Amegrove, 7.45:72. Xuvenil masculino: 1. Mecos, 9.45:13; 2. Cabo Cruz, 9.48:78; 3. Náutico de Boiro, 9.54:53; 4. Tirán, 9.56:45; 5. Samertolaméu, 10.07:49. Absoluto masculino: 1. Samertolaméu, 9.21:51; 2. Moaña, 9.23:97; 3. Samertolaméu-B, 9.30:24; 4. Mecos, 9.30:90; 5. Moaña-B, 9.34:19.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará