Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O colexio de Quintela queda sen auga potable por contaminación de e-coli

RR_Noticias

O centro educativo de Quintela permanece sen subministración de auga dende a xornada de onte logo de que Sanidade confirmase a contaminación do depósito. O resultado da última análise deu positivo en bacteria Escherichia coli (máis coñecida como E-Coli), unha bacteria que pode ocasionar bastantes problemas dixestivos e que, sobre todo, é perigosa nos nenos e nenas. Dende o grupo socialista critican ao goberno local “por non ter xestionado o problema malia que xa se ven padecendo dende o 2011”.

O problema foi detectado nunha inspección de Sanidade. Logo de que as análises deran positivo en e-coli, e ante as consecuencias que a inxesta de auga contaminada puidera ter entre os 140 alumnos que cursan neste centro educativo, decidiuse cortar toda a subministración. Colocáronse depósitos de auga mineral nos corredores do colexio para que o alumnado poida beber.
Dende o grupo socialista lembran que esta incidencia non é nova, xa que dende o 2011 producíronse varios episodios semellantes. Así nese ano “houbo que cortar a subministración de auga ao CEIP Quintela en dúas ocasións por unha avaría que ocasionou máis de 15 días sen auga potable. Esta mesma situación volveu repetir en 2014 cando ao analizar a auga detectouse que non era apta para consumo humano, deixando ao alumnado sen poder beber auga da billa ou utilizar os lavabos para lavarse as mans por un problema de cloración no depósito municipal que abastece ao centro escolar”.
Agora é a contaminación dese depósito por bacteria e-coli a que volve deixar este centro sen subministro. Dende o grupo socialista responsabilizan ao goberno local desta situación “por non ter realizado a acometida que garanta que a auga da traída chegue ás instalacións escolares”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará