Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto do grupo de pandereteiras Lagharteiras no Multiúsos

RR_Noticias

A programación da Rede de Músicas Soltas presenta este sábado a un grupo de pandereteiras procedentes de Mos pero tamén con voces de Vigo e Redondela, Lagharteiras que presentan o seu primeiro disco homónimo, unha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega. O concerto  que ofrecerán no Multiúsos da Xunqueira comeza ás 21 horas mais antes estarán na Sociedade Cultural do Viso cunha aula maxistral e parola acompañadas de Carlos Álvarez. Será a partir das 17 horas e de balde.

As Lagharteiras comezan a traballar no ano 2007 co obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego. No ano 2010, constituíuse como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras”, radicada no concello de Mos, aínda que con cantantes tamén de Vigo e Redondela. O 1 de xaneiro de 2015 editaron Lagharteiras, que é o seu primeiro álbum musical e foi gravado entre xullo e decembro de 2013. Unha das súas integrantes, Marta Martínez, veciña da parroquia do Viso, explica que o primordial para o grupo é “recuperar, conservar e transmitir o patrimonio inmaterial que hai detrás da música que interpretan”. Neses camiño de divulgación ofrecen tamén concertos cun repertorio no que intentan dar cabida ás mostras máis características das diferentes zonas de Galicia. Sen esquecer tampouco o vestiario “porque a roupa forma tamén parte dese legado cultural que durante séculos e xeracións foise transmitindo ata chegar ós nosos días como a fala ou a música, un patrimonio que se está a perder e que forma parte da nosa identidade”. Máis de vinte galardóns en concursos abalan a súa traxectoria no mundo da música tradicional como a súa laboura de recolleita e conservación do patrimonio musical galego.  

Marta Martínez Lagharteiras
Un proxecto que arrancou no ano 2007
Concerto
Un repertorio galego no que se recollen as singularidades de diferentes zonas
Vestiario
A roupa forma tamén parte do patrimonio a recuperar
Carlos Álvarez director
Na charla no Viso falará da súa experiencia no grupo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará