Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Usuarios da piscina de Chapela denuncian deficiencias nas instalacións

RR_Noticias

A Asociación de veciños da parroquia vén de trasladar ao concello as queixas que reciben dos usuarios deste Centro Deportivo Chapela polo deterioro en xeral da edificación. Concretamente fan referencia ao estado no que se atopan os vestiarios das mulleres e o deterioro gradual que están a detectar nas taquillas. Reclaman ao concello o seu arranxo e a posterior reclamación dos custes aos responsables da obra.

A porta de entrada aos vestiarios das mulleres está inchada, non pecha completamente e tampouco abre na súa totalidade, o que obriga ás usuarias e “entrar de lado”. Engaden outros desperfectos nas instalacións como “os sumidoiros oxidados a causa da humidade e taquillas sen portas, sen barra para colocar as perchas e coas bisagras oxidadas. Uns armarios que o principio funcionaban cunha moeda logo, por fallo no mecanismo, os abonados e usuarios tiñan que levar un candeado pero actualmente “a maior parte dese mobiliario xa non ten porta ou está a punto de descolgarse”.  A propia concesionaria recoñeceu aos usuarios que as taquillas non son axeitadas para o recinto que ocupan nin para o uso que se lles da pero que “xa estaban no centro deportivo cando Aqualia se fai cargo da concesión e que sería preciso a súa a substitución xa que o estado no que se atopan non permite arranxo”.
Ante esta situación, a Asociación de Veciños solicita ao Concello o arranxo inmediato e mantemento de tódalas anomalías que presenta a propia edificación “por defectos na construción, os vestiarios, taquillas e, en xeral, todas as instalacións do Centro Deportivo Chapela” así como “a posterior reclamación aos responsables desta desfeita”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará