Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro musical con “Roedores” de Redrum Teatro

RR_Noticias

A compañía compostelá representa este domingo, 6 de marzo, ás 18:00 h, esta obra de teatro enmarcada dentro do ciclo Teatro Cativo que organiza a Concellería de Cultura. “Roedores” é unha obra familiar con música en directo para a rapazada a partir de 5 anos, que trata de concienciar en valores e fomentar a igualdade a través das aventuras dos seus protagonistas, o hámster Peludiño e a rata Munda. Está protagonizada polos actores Guillermo Carbajo e Laura Míguez, e dirixida por Álex Sampayo.

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas fanos especiais. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos… E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demáis. O prezo da entrada é de 3 € para público infantil (e estudantes, persoas desempregadas e xubiladas e menores de 18 anos) e 5 € para público adulto. Pódense mercar dende 2 días antes a cada función no multiúsos da Xunqueira, e dúas horas antes o mesmo día do espectáculo.  

Guillermo Carbajo actor
Un musical para toda a familia
Concienciar en valores
Os pequenos aprenderán a aceptar as diferenzas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará