Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso celebra o día da árbore cunha plantación de 700 carballos e castiñeiros

RR_Noticias

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso organiza unha nova edición do día da árbore para o vindeiro sábado 20 de febreiro. O punto de encontro será o Cruceiro da Mina (Baltar), no monte Outeiro Grande a partir das 10:30h da mañá. A plantación centrarase en complementar diversas masas de frondosas con castiñeiros e carballos para deste xeito aumentar a diversidade arbórea da zona.

Unha actividade que levan xa oito anos organizando dende a Comunidade de Montes da parroquia e que busca, ademais de mellorar a riqueza natural do lugar, realizar unha labor didáctica entre adultos e os máis cativos achegando a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en man común en concreto. O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha luvas e ganas de traballar para conseguir un monte que siga proporcionando recursos tanxibles e intanxibles  como poden ser as augas, a paisaxe, a fixación de carbono, leñas, froitos como as castañas, cogumelos, hábitats de fauna e flora, … Colaborarán coma en anos pasados “Xirela, Servizos Técnicos e obras do Rural” e “Maquinaria Agrícola Carpintero”.  

Fernando Veiga Comunidade Montes O Viso
700 árbores
Labor didáctica
Concienciar a grandes e pequenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará