Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O casco urbano de Chapela pecharase ao tráfico para celebrar a Queima do Berete

RR_Noticias

Chapela celebra o tradicional enterro do Berete cunha comitiva que partirá ás 19:00h dende o Alto da Encarnación ata a praia de Arealonga. As 21:00h terá lugar a queima que contará con animación musical a cargo do grupo Trópico de grelos. A Avenida de Vigo permanecerá cortada ao tráfico mentres dure o desfile.

Cunha semana de atraso por mor das inclemencias meteorolóxicas, na xornada de mañá sábado celébrase en Chapela unha cita do entroido que non deixa de crecer nos últimos anos, a queima do berete. A comitiva fúnebre acompañará no seu último viaxe ao berete. Unha comitiva na que un total de nove comparsas farán o percorrido dende o Alto da Encarnación ata a Praia de Arealonga. Partirá o desfile ás 19:00 horas motivo polo que a ese hora cortarase a Avenida de Vigo ao tráfico rodado. Os coches serán desprazados pola zona alta de Chapela ata as 20:30 horas para garantir a seguridade dos participantes.
Unha vez na Praia de Arealonga procederase a queimar o berete e a fest continuará coa actuación do grupo Trópico de Grelos.
15 comparsas en Soutomaior
O Concello de Soutomaior celebra este domingo o seu tradicional desfile de Entroido coa presenza das 14 comparsas ademais da realizada polos nenos do concello. As comparsas volverán demostrar a súa creatividade e imaxinación nun colorido desfile de Entroido, cargado de orixinais creacións e moito humor que dará comezo ás 17:00 horas no cruzamento da avenida Xosé Solla co Calvario. Desde alí, a procesión encherá de alegría, música e cor a rúa principal de Arcade no seu camiño ata a Alameda Tallo Río.
A xornada terminará cunha gran festa chea de diversión e xogos onde a actuación do Trio Sevilla fará as delicias dos asistentes ata as 22:00 horas. Ademais das comparsas do municipio, este ano desfilarán outras de Redondela, Pontesampaio, Tomiño, Marín , Vilaboa, Pontevedra, Poio e Pontecaldelas.
Desde o Concello de Soutomaior infórmase que a partir das 15.30, pecharase ao tráfico a Avda. Xosé Solla e a Rúa Rosalía de Castro e que estará prohibido aparcar na citada avenida desde o cruzamento coa rúa Cochón, polo que se agradece a colaboración veciñal para evitar aglomeracións. Da mesma maneira, tamén estará temporalmente prohibido o aparcadoiro nas rúas Rosalía de Castro e Avenida Xosé Solla desde as 15:00 horas ata a finalización dos festexos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará