Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A maxia de proximidade reclama o seu espazo cunha nova sesión do Búrbida Máxica

RR_Noticias

Continúa a V edición do festival Búrbida Maxica con tres actuacións cargadas de xogos e trucos imposibles no Multiúsos da Xunqueira. A segunda cita desenvolverase esta tarde a partir das 21:00 horas coa actuación dos magos Manuel Mato, José Diéguez e o Mago Romarís. Entrada de balde.

Unha proposta dirixida ao público en xeral pero pensada especialmente para o sector adolescente que hoxe contará coa presenza detres artistas especializados na maxia de proximidade pero con estilos diversos. Manuel Mato chegado dende Portosín ofrecerá ao espectador un repertorio de autor con números centrados na cartomaxia e na manipulacións de moedas. Estará tamén o redondelán José Diéguez cun espectáculo de mentalismo e, como figura estelar o Mago Romarís de Negreira especializado nas ilusións ópticas que leva ao espectador a percibir a realidade de xeito erróneo, cunha maxia diferente que atrapará aos que se cheguen esta noite ao Multiúsos. Un programa que se afasta dos espectáculos tradicionais nos que o público senta diante dunha actuación. A organización crea aquí tres espazos diferentes nos que tres magos farán os seus números de ilusionismo. Os espectadores, divididos en grupos reducidos, achegaranse a esas salas para marabillarse coas súas propostas. O ciclo Búrbida Máxica continuará o venres 26 con novas propostas e novos protagonistas.  

Eloy Crespo Búrbida Máxica
Tres magos na noite do venres 19

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará