Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Augas de Galicia elabora un proxecto para evitar novos desbordamentos do Maceiras

RR_Noticias

As inundacións que se sufriron no casco urbano de Redondela na pasada fin de semana responden “a un cúmulo de causas que se poden volver dar”. Así o confirma o alcalde Javier Bas quen está á espera de recibir un informe elaborado polos técnicos de Augas de Galicia no que se especifique as medidas que é preciso adoptar para garantir que, aínda que se repitan as intensas precipitacións do pasado venres, non haxa que temer por novos desbordamentos. Entre outras cuestións estúdase se é preciso dragar o río para garantir que a canle do Maceiras teña a capacidade suficiente para asumir o incremento do seu caudal que se ten constatado nos últimos tempos.

Elevadas precipitacións nun curto período de tempo, unha maior sedimentación na canle do río, unhas obras do AVE no val do Maceiras que poderían ter desviado algúns acuíferos da zona tamén cara este río serían algúns dos motivos que sumados provocaron o anegamento da zona do Salgueiral. A todo isto habería que engadir o posible taponamento na zona cuberta do río ao seu paso polo casco urbano. “Varias circunstancias que provocaron a maior inundacións que se lembra nos últimos 40 anos e cuxas causas están investigando os técnicos de Augas de Galicia quen deberán elaborar un informe no que se recollan as medidas que é preciso adoptar para evitar que a situación volva repetirse”. Dende a Administración estase a traballar tamén en axilizar o cobro das indemnizacións por parte dos afectados. Xa se elaborou por parte dos técnicos municipais un informe no que se constata a excepcionalidade da situación vivida en Redondela e tamén, de cara a garantir que tanto os que teñen seguro como os que carecen de cobertura poidan acceder a axudas, estúdase a posibilidade de declarar o noso concello “zona catastrófica”. Por outra banda, a asociación de veciños de Negros recollerá hoxe a partir das 19:00 horas no centro cultural da parroquia as follas de reclamacións dos veciños nas que se faga constar os danos e bens afectados co gallo de entregar esa documentación no concello e tratar tamén así de axilizar o cobro das axudas.  

Javier Bas alcalde
Non descarta que as inundacións poidan volver repetirse
Buscar solucións
Un cúmulo de circunstancias que teñen que contar cun plan de prevención
Axilizar as indemnizacións
Garantir que os afectados teñan acceso a axudas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará