Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela vence o derbi co Arealonga

RR_Noticias

Con bancadas cheas de público no pavillón Novo de Redondela, os de Juan Nogueira non defraudaron a súa afección e fixéronse cun partido de máxima rivalidade. 4-3 foi o resultado final ante o Arealonga que deixa aos de Redondela cun bo sabor de boca para enfrontarse na vindeira semana a outro derbi, neste caos e nChapela ante o Campito. Equipo este que segue segundo da categoría malia ter perdido o encontro disputado o sábado con A Quinta de Tui e que finalizou co marcador de 3-5.

Partidos correspondentes á 19ª xornada na Autonómica Sur de futbol sala. Boa afluencia de público no Pavillón Novo de Redondela para asistir ao derbi local entre o Redondela e o Arealonga. Precisamente foron os de Chapela os que se adiantaron no marcador aos dez minutos de partido, malia que os de Nogueira reaccionaron e tan so tres minutos despois anotaban o tanto do empate co que se chegaría ao descanso. Xa na segunda parte o equipo local fíxose co balón logrando un 3-1 que lles daba seguridade. Os de Chapela non se amedrentaron e seguiron no partido chegándose ao remate cun axustado 4-3. O adestrador do Redondela, equipo que na vindeira semana vivirá outro derbi ao ter que desprazarse a Chapela para xogar co Campito, valora moi positivamente o resultado do sábado “unha vitoria moi traballada e sufrida, agora o reto reside en encadear dúas vitorias consecutivas para reafirmar a melloría do grupo”.
O Campito, que mantén a segunda praza malia caer ante A Quinta de Tui nun encontro que rematou co resultado de 3-5, intentará poñerlle as cousas difíciles ao Redondela nese derbi que se vivirá o sábado 20 no pavillón de Chapela as 16.30 horas co obxecto de non despegarse dos postos de cabeza.
 O outro equipo de Chapela, o Arealonga xogará na vindeira xornada no Pavillón Oscar Pereiro de Mos. O seu rival o Alonso &Serodio atópase tan só dous postos por baixo do Arealonga, que son sextos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará