Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Temor e incerteza entre os comerciantes do Salgueiral logo do desbordamento do Maceiras

RR_Noticias

A zona do Salgueiral e as rúas Pai Crespo e José Regojo foron as máis afectadas polos anegamentos da fin de semana. Ata “tres inundacións” sufriron algún destes comercios como consecuencia do desbordamento do río Maceira. Hoxe é día de facer balance e intentar recuperar a normalidade. Os máis afortunados abriron as portas dos seus establecementos logo de traballar arreo na xornada de onte nas labores de limpeza. Os peor parados manteñen as persianas baixadas á espera de retirar mercancía e repoñer material estragado.

Esa é a situación na que se atopa a carnicería “A casa da boa carne” na rúa José Regojo. A auga entrou neste comercio que leva aberto tan só catro meses. As máquinas estragáronse e moita da carne que tiñan no seu interior acabará no lixo. A todo isto engádese a incerteza de que compensación van recibir “o seguro non cubre os danos causados por unha inundación e estamos a expensas do que decida o consorcio de compensacións” explicaba Manuel, o seu propietario. Nesa rúa a zapatería Doble L non abriu na mañá de hoxe, si o fixo a tenda de complementos Singular, que non saíu tan mal parada. Explica Cruz que a súa mercancía practicamente non se viu danada, aínda que si algunhas das estanterías. “A rápida colocación de sacos de area, espuma e poliespan na entrada evitou que a situación fora a máis”. A Ferretería Vidal é outro dos establecemento que na tarde do domingo tivo que traballar arreo para poder hoxe funcionar con normalidade. “Tivemos ata 8 centímetros de aguda e unha bomba de achique traballando de madrugada” explica Claudio o seu propietario quen amosa a súa sorpresa polo acontecido. A rúa Pai Crespo foi outra das peor paradas nesta fin de semana. A tenda da Loura tivo que enfrontarse ás inundacións “ata en tres ocasións”. Hoxe intentaban recuperar a normalidade con certo temor no corpo logo de vivir unha situación que non lembran nas últimas décadas. Agustín Lovera non se explica o acontecido nunha fin de semana na que chegaron ata a superarse os 30centímetros de auga nalgún punto desta tenda de comestibles. Estiman en máis de 20.000 euros os desperfectos aos que terán que facer fronte. Un dos puntos más afectados polo anegamento do río foi a rotonda do Salgueiral. Atopamos alí unha tenda de consumibles informáticos, Printeco no que a auga “chegou aos 40 centímetros de altura”. Explican os seus propietarios que “a auga que entraba pola porta había que engadir a que rezumaba directamente do chan”. Tempo hoxe tamén de facer inventario, xa que as caixas de tinta e tonner que venden neste establecemento son nalgúns caos inservibles. Na proximidades de Printeco estaba tamén Vanessa facendo limpeza do seu local Reclamamos. Esta moza contaba como o venres “en tan só minutos formouse unha auténtica marima a´s postas do seu establecemento”.  

A Casa da boa carne
Manuel cóntanos o vivido nesta carnicería da rúa José Regojo
Singular
A rápida colocación de barreiras na porta evitou que a auga producira máis desperfectos
Ferretería Vidal
Un domingo de limpeza para poder abrir hoxe as súas portas
A Tenda da Loura
Agustín Lovera estima os danos en máis de 20.000 euros
Printeco
Alberto explica que a auga entraba pola porta pero rezumaba tamén do propio chan
Reclamamos
Malia atoparse na "zona cero" non foi dos peor parados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará