Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello suspende a totalidade das actividades do entroido previstas para o domingo

RR_Noticias

O meco deberá esperar. A tradicional queima, xa posposta do pasado martes, aprázase agora “sine die” ante a adversa situación meteorolósica. Mantéñense as actividades programadas pola concellería de cultura e que inlúen ás 18:00 horas unha función de teatro infantil cos Bolechas no Multiúsos da Xunqueira e unha chala-coloquio na Casa da Cultura coa asociación Escena Galega

.Malia que os prognósticos anuncian unha lixeira melloría na situación meteorolóxica de cara  ao domingo, si manteñen o riso de chuvias, motivo polo que o Concello decidiu pospoñer o programa de entroido que estaba previsto desenvolver na tarde de mañá. Suspéndese así tanto as actividades previstas para os nenos como a propia queima do meco, pendente de que se programen noutra data aínda por determinar.Mantéñense pola contra as actividades organizadas dende a Concellería de Cultura cunha cita aberta ao público en xeral con representantes de Escena Galega, asociación que aglutina a boa parte das formaticións profesionais do teatro galego. A cita será ás 17:00 horas na Casa da Cultura.Os máis pequenos poderán achegarse ao espectáculo Os Bolechas na máquina do tempo, na que os populares personaxes de Pepe Carreiro nos propoñen unha viaxe a través do tempo cun científico tiruleco. O espectáculo mestura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais, que dan vida aos “Bolechas adultos” e ao Dr. Apolodoro. A obra será ás 18:00 horas no Multiúsos. A entrada ten un prezo de 5 euros público en xeral, 3 euros estudantes, xubilados e desempregados. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará