Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un desprendemento en Negros leva por diante coches e muros

RR_Noticias

A auga segue a reclamar o seu terreo e nesta madrugada provocaba o esborralle dunha ladeira na N-555 en Santo Estevo de Negros. Pedras, árbores e terra arrastrados pola auga procedente do monte leváronse por diante coches e muros e impactaron con varias vivendas do lugar. Afortunadamente non hai que lamentar feridos. As previsións de chuvias para esta tarde mantén o nivel de alerta ante novos desbordamentos nos ríos que poderían volver anegar a zona do Salgueiral en Vilavella.

O momento de maior tensión viviuse ao redor da unha da madrugada cando a auga acumulada non monte, logo das fortes precipitacións dos últimos días, buscou unha saída levando por diante terra, vexetación, árbores e pedras ata sair na N-555. A estrada, que comunica Redondela co aeroporto, converteuse así na vía de saída para esa auga, un vial que a esta hora segue coa circulación cortada logo de que se desprazaran ao lugar Axentes da Garda Civil e da Policía para sinalizar o corte.Os veciños amosábanse perplexos polo acontecido e responsabilizan da situación ás obras do AVE “tapáronse os ocos e as bolsas subterráneas polas que a auga discorría naturalmente e agora a auga buscou unha saída alternativa”.Nas proximidades de Peinador produciuse tamén a caída dun noiro que deixou inhabilitado un camiño municipal. Trátase da Estrada Fonte da Lata en Vilar, camiño que permanece pechado logo de que se producira un desprendemento de terra ao final da pista do aeroporto.A normalidade mentres regresa á zona do Salgueiral, a zona máis afectada durante a xornada de onte logo de que se desbordase o río Maceiras deixando comercios, baixos e garaxes completamente anegados e obrigando a cortar o tráfico logo de que esta zona de Vilavella se convertese nunha xigante piscina. Un tráfico rodado que se retomaba na mañá de hoxe. Con todo, os veciños seguen moi pendentes do ceo, xa que de cara a tarde espérase outro momento crítico coa plemar das 19:37 que coincidirá cunha nova tarde de intensas precipitacións.Critican tamén que parte da responsabilidade do acontecido onte haxa que buscalo na falta  de mantemento  en sumidoiros e desagües que “estaban taponados por falta de limpeza”. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará