Hoxe é Domingo 25 de Outubro de 2020

Retoman as protestas en Chapela para esixir a reposición de servizos e o pago das expropiacións

RR_Noticias

Os meses pasan e as demandas seguen a ser as mesmas. Membros da Asociación de Afectados pola Ampliación da Autoestrada en Chapela volven saír á rúa para amosar o seu rexeitamento ás obras da AP-9 e esixir do Ministerio de Fomento unha solución aos continuos problema que xeran os cortes de viais e o exceso de ruídos. Están convocados ademais a unha reunión o vindeiro 29 de febreiro para coñecer a oferta que Fomento lles fai aos propietarios cuxas vivendas están afectadas polas obras.

As concentracións retomábanse onte ás once da mañá na Fonte da Fraga. O obxecto destas protestas e manter a presión sobre Fomento e Audasa para que “non se esquezan as nosas demandas que pasan porque se repoñan os servizos nos tramos que están afectados polas obra e que se solucione o tema das expropiación de vivendas aínda por resolver” segundo explica dende a Asociación Rafael Baltasar. Neste sentido Fomento ven de emprazalos a unha reunión o vindeiro 29 de febreiro no Concello para coñecer que oferta se lles fai aos propietarios das vivendas afectadas. Por outra banda, están xa a traballar coa gabinete de arquitectos vigués COG, contratado polo concello e encargado de asesorar a asociación sobre as distintas actuación para mellorar os accesos e os viais na contorna da autoestrada. Os técnicos da empresa visitaron xa o lugar para coñecer sobre o terreo as principais demandas dos veciños e así poder defendelas tecnicamente ante o Ministerios e ante os propios técnicos de Audasa.  

Rafael Baltasar Afectados AP-9
Reuniranse con Fomento o 29 de febreiro
Empresa asesora
Contan co asesoramento técnico dunha empresa contratada polo concello

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *