Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela convértese na sede do teatro galego por un día

RR_Noticias

Por vez primeira na súa historia a asociación Escena Galega que aglutina a gran parte das compañías profesionais de teatro de Galicia e que preside Belén Pichel, sae de Santiago para presentarse ante o público nun acto que terá lugar na xornada do domingo en Redondela. Darse a coñecer e achegarse ao público é o obxectivo desta cita que se desenvolverá na Casa da Cultura ás 17:00 horas. Un encontro que o concelleiro de cultura, Xabier Alonso cualifica de “todo un luxo para Redondela”. Dende a directiva da Asociación, Tatán, da compañía de títeres Tanxarina, anima aos veciños a achegarse e charlar cos membros de Escena Galega nunha cita que esperan sexa enriquecedora para todas as partes.

A Asociación, logo de varios anos sufrindo a precariedade que en xeral padecen as compañías de teatro en Galicia, busca ser un referente e imprimir a todos os seus asociados, na actualidade un total de 27 compañías, “un selo de calidade” que garanta que detrás dese selo atópanse profesionais que traballan en espectáculos de calidade e cumprindo os convenios en material laboral. “O noso obxectivo é contar ao público quen somos e que facemos” explica Tatán, quen apunta tamén a necesidade de “trasladar a calquera concello e asociación que cando contrate compañías de Escena galega saiban que están contratando propostas de calidade”. Chévere, Voadora, il Maquinario Teatro, Redrum ou A Panadaría son algunhas das compañías que forman parte da Asociación e que estarán presentes na charla aberta que se desenvolverá o domingo 14 ás 17:00 horas na Casa da Cultura. Un primeiro “acto de aproximación ao público” que quere ser o inicio de novas dinámicas de traballo dende a propia asociación e que os levarán a outros municipios do país, segundo explicaba Tatán. Con esta e outras iniciativas a intención é reimpulsar Escena Galega, crear novas dinámicas de traballo nun momento de dificultades para o sector “que ve como paulatinamente foi descendendo o número de asistentes que se achegan ás representacións teatrais” e converter a asociación nunha ferramenta institucional que sexa representativa do tecido empresarial das industrias culturais galegas.  

Eduardo Rodríguez Cunha Tatán
O actor e titiriteiro explica cal é o obxectivo de Escena Galega ao sair de Santiago
Charla na Casa da Cultura
Unha actividade aberta o domingo ás 17:00 horas
Abrirse ao público
Escena Galega seguirá visitando outros concellos do país
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Todo un luxo poder contar con esta cita

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará