Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os organizadores do Festival de Títeres esixen liberdade para os artistas detidos en Madrid

RR_Noticias

A Asociación Xente Titiriteira, organizadora do Festival Internacional de Títeres de Redondela amosa a súa “total indignación e repulsa” pola detención de Raúl e Alfonso, compoñentes da compañía “Títeres desde abajo”, acusados de enaltecemento de terrorismo polo contido da súa obra teatral e titiriteira “La Bruja y D. Cristobal, a cada cerdo le llega su Sanmartín”. Entenden que a decisión tomada polo xuíz Ismael Moreno de ingresalos en prisión sen fianza “vulnera os máis elementais principios de Liberdade de Expresión e senta un perigoso precedente que afecta ou poderá afectar aos procesos creativos das compañías que ano tras ano acoden ao festival redondelán”.

Neste sentido solicitan a inmediata posta en liberdade dos artistas e que “tanto o Concello de Madrid como o poder xudicial pidan desculpas por este desafortunado incidente” e alertan de que confundir a ficción e a realidade resulta moi perigoso xa que o Teatro é un laboratorio de ideas. “Os nosos compañeiros foron presos por facer o seu traballo e non por enarborar ideas terroristas, que como colectivo tamén repudiamos. Está claro que é unha agresión que se vén sumar a outras accións que pretenden conculcar os dereitos máis elementais e que foron conseguidos con tanto esforzo. Desexamos dende esta Asociación Xente Titiriteira que este feito non se volva a repetir e esiximos a inmediata posta en liberdade dos nosos compañeiros Raúl e Alfonso.  

Luis Crespo Xente titiriteira
Amosa a súa indignación coa decisión de ingresar en prisión aos titiriteiros de Madrid

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará