Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior convoca un concurso de deseño Arte-sá

RR_Noticias

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de Marzo o Centro de Información á Muller de Soutomaior, convoca a 2ª Edición do Concurso de Deseño artesanal co obxectivo xeral de promover, fomentar e divulgar o traballo artesanal e artístico das mulleres. Neste concurso as mulleres serán as encargadas de deseñar e elaborar artesanalmente a imaxe conmemorativa que protagonice a campaña municipal do 8 de Marzo.

A temática do concurso é a conmemoración do Día internacional da Muller, o empoderamento das mulleres, o recoñecemento do seu papel na sociedade actual, os logros acadados en prol da igualdade e os obxectivos por cumprir. Con esta temática o obxectivo é deseñar un agasallo ou insignia conmemorativa para a celebración da campaña municipal de 2016.
Poderán participar neste concurso mulleres maiores de 18 anos residentes ou non no Concello de Soutomaior.
Cada muller poderá presentar ata dúas pezas artesais que deberán ser inéditas e orixinais. As obras entregaranse no Centro de Información á Muller do Concello de Soutomaior no Multiusos de Arcade como data límite o 17 de Febreiro.
Establécese un único premio dotado con 1.000 euros e a gañadora comprometese a realizar 200 unidades artesanais que protagonizarán a campaña municipal do 8 de Marzo e que serán repartidas ese día entre as mulleres do Concello. Os gastos de realización das 200 unidades correrán a cargo da gañadora.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará