Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER demanda maior seguridade vial na N-552 á altura das obras do Mercadona en Cedeira

RR_Noticias

A Agrupación de electores de Redondela (AER) vén de demandar por rexistro, con motivo das obras que se están a realizar na calzada da N-552 á altura do futuro hipermercado de Mercadona en Cedeira, que coa maior celeridade posible se mellore a inseguridade viaria detectada na zona. AER demanda concretamente que se melloren os sinais de iluminación de noite, as liñas de separación entre ámbolos dous sentidos do tráfico viario e as liñas das beirarrúas, para que os viandantes sexan detectados coa maior facilidade posible e se reduza o risco de incidentes ou accidentes tanto de día como pola noite.

A futura glorieta que se está a construír na estrada que une Redondela e Vigo á altura da parroquia de Cedeira forma parte do proxecto para a construción do primeiro supermercado da firma Mercadona no municipio e cuxas instalacións xa están moi avanzadas. A rotonda na intersección da estrada coa subida a Cedeira garantirá unha maior fluidez do tráfico, pero as súas obras sí dificultan dende hai semanas a circulación por este tramo. Ao entender de AER nin a sinalización nin a iluminación é suficiente polo que demandan que se melloren estas condicións para evitar que se produza algún accidente de tráfico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará