Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cerco levanta o campamento sen lograr o obxectivo do reparto por tripulante e barco

RR_Noticias

Logo de tres meses acampados en Santiago, os armadores do cerco decidiron nunha axustada votación volver ao mar o vindeiro luns día 25. Regresan ao traballo coa satisfacción de que non quedará ningún barco sen cota ao terse acordado coa Consellería do Mar que toda embarcación terá un mínimo de 10.000 kilos. Con todo a sensación é de derrota ao non terse logrado o obxectivo principal que pasaba por modificar o reparto actual por históricos e ir a un “reparto máis xusto, por tripulante e barco”.

“A nosa reivindicación por un reparto xusto sigue en pé”, explica José Saavedra, representante de Acerga en Pontevedra. Nese sentido seguirán reclamando por vía xudicial e en todas as reunións oficiais que manteñan que se retome a súa demanda “unha nova redistribución que o goberno actual négase a aplicar alegando a súa situación de interinidade”. Amosa ademais a súa confianza en que un posible cambio de goberno favoreza ás súas demandas “todos os partidos políticos agás o que está no poder apoian as nosas reclamacións porque sería o máis xusto”. Neste sentido responsabiliza de que non se teña avanzado nun acordo entre todos os cerqueiros de Galicia a propia conselleira do mar, Rosa Quintana. O luns regresarán ao mar e fano con dúas pequenas vitorias. Por unha banda que non haberá ningún barco con cota cero ao establecer a oferta da Consellería un mínimo de 10.000 quilos para os buques máis pequenos para, a partir de aí, ir incrementando a cota segundo as Gts dos barcos. Por outra banda tamén se lles vai condonar a sobrepesca realizada o ano pasado e que ascendeu a unhas 400 toneladas.  

José Saavedra presidente cerco Pontevedra
Acadaron algúns logros pero non un reparto máis xusto
Seguir loitando
A loita mantense no ámbito xudicial
Cambio de goberno
Entenden que o cambio de goberno vai favorecerlles

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará