Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Plastic Omnium e Construcións Castro Chapela mídense no derbi do balonmán local

RR_Noticias

Os conxuntos de Carlos Rey e Fran Teixeira chegan ao partido deste sábado en condicións moi diferentes. O partido disputarase este sábado, ás 18.30 horas no pavillón municipal de Redondela.  

Os de Redondela están situados na metade baixa da táboa, co obxectivo da salvación, mentres que os de Chapela, segundos do campionato, aspiran a conservar a praza que lles garanta participar na fase de ascenso. Malia que o Chapela parte como favorito pola calidade dos seus xogadores e pola súa traxectoria, desde a SAR non dan nada por feito. O adestrador, Carlos Rey, amósase satisfeito coa mellora do rendemento do equipo na última parte desta liga. Recoñece que o comezo da competición foi complicado, ao coincidir moitas baixas de xogadores no equipo que foron substituídos por mozos da canteira. Agora, co conxunto xa máis consolidado, aspira a rematar a liga entre os dez primeiros clasificados.  

Carlos Rey adestrador da SAR
No derbi a motivación é especial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará