Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta licita obras de mellora en dúas estradas autonómicas en Redondela por valor de 200.000 €

RR_Noticias

O delegado territorial da Xunta en Vigo explicou que se trata da estrada PO-250, que une Redondela con Forzáns, e a PO-323, entre Chapela e Vigo, cunha mellora desde o Alto da Encarnación ata a cidade olívica.

Ignacio López-Chaves, anunciou esta mañá en rolda de prensa que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe mesmo a licitación das obras de mellora en dúas estradas de titularidade autonómica no termo municipal de Redondela por case 200.000 euros. Concretamente trátase de realizar melloras de reforzo do firme nos viais PO-250 e PO-323. As obras contan cun prazo de execución de 6 meses. Na PO-250, estrada que une Redondela con Forzáns, a actuación consiste nun reforzo do firme mediante fresado e reposición que se levará a cabo no tramo que se inicia nos puntos comprendidos entre os quilómetros 0 e 2+100 (Travesía de Redondela). Esta obra supón un investimento de case 54.000 euros. No que respecta á intervención na PO-323, trátase dunha mellora da vía dende o Alto da Encarnación ata a cidade olívica. Supón unha actuación de reforzo da capa de rodaxe mediante fresado e reposición en 2,5 quilómetros de estrada. Así, o investimento nesta intervención chegará case aos 157.000 euros sendo a partida que corresponde ao municipio vigués duns 76.000 euros.
Área Metropolitana
O delegado da Xunta aproveitou tamén a rolda de prensa para lembrar que o vindeiro 19 de xaneiro celebrarase a reunión convocada polo Vicepresidente da Xunta “para poñer en común e fixar as bases dunha posible modificación da Lei da Área Metropolitana de Vigo” cos 14 alcaldes que actualmente configuran dita Área. Neste senso, remarcou dúas cuestións. A primeira, que a Xunta de Galicia convoca a todos os alcaldes e a todas as alcaldesas “calquera que sexa o seu signo político”. E en segundo lugar, preguntouse se o alcalde de Vigo “vai asistir o non a reunión” porque para López-Chaves “os precedentes de Caballero amosan o seu desinterese”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará