Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As cancións do libro “Brinca Vai!” soben ao escenario este domingo

RR_Noticias

O músico Paco Nogueiras presentarán o espectáculo musical “Brinca Vai” no Multiusos da Xunqueira o vindeiro domingo ás 18:00 horas, dentro das actividades organizadas polo servizo de Normalización Lingüística para arrancar o ano. Trátase dunha actividade dirixida a público infantil e familiar baseada nas cancións do libro-disco “Brinca Vai!”, publicado por Kalandraka, no que Paco Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal.

o domingo día 3 será o momento de gozar de música infantil en galego da man de Paco Nogueiras, que presenta o seu traballo Brinca Vai, 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica. O espectáculo mostra o contido musical o libro-disco publicado por Kalandraka do mesmo nome, con ilustracións de David Pintor. A función será ás 18:00 h no Auditorio da Xunqueira, con entrada única a 3 €.  

Paco Nogueiras músico
A música do Brinca vai soará no Multiúsos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará