Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non pasa do empate ante o Silva nun partido marcado pola intensa choiva

RR_Noticias

Os locais, malia adiantarse no marcador, tiveron logo que remontar os dous goles de Joao e salvaron un punto a poucos minutos do final cun tanto de Hugo. Agora ocupan a cuarta praza, e o domingo volven xogar en Santa Mariña ante o Negreira.

Terceira División
Choco 2-2 Silva
O Choco viu interrompida a súa serie de catro vitorias consecutivas ante o Silva, nun choque no que o conxunto de Marcos Montes logrou polo menos salvar un punto para sumar a súa sexta xornada seguida sen coñecer a derrota. A intensa choiva caída durante toda a xornada marcou o partido, cun xogo práctico e directo que non beneficiou aos redondeláns. O primeiro gol foi dos locais. Félix puxo un medido balón ás costas de Cardelle para que Silva sacase un disparo cruzado que se converteu no 1-0. Nada máis comezar a segunda parte chegou o empate. Molinos controlou mal un balón centrado á área desde o lateral, permitindo a Brais facerse coa pelota para dar o pase que Joao transformou no 1-1. No partido, con moitas faltas e interrupcións, o balón parado foi protagonista. Así, noutra falta lateral, apareceu Joao no segundo pau para cabecear ao fondo da portaría de Cortegoso o 1-2. Co marcador ao seu favor, os visitantes arriscaron menos. Os locais tiveron que optar por un xogo máis directo, e desta forma chegou o 2-2. Félix puxo unha pelota para Hugo, que controlou na área, parouse e volveu arrincar para abrirse o oco xusto que devolvía o empate ao marcador. O reparte de puntos fai que o Choco perda unha posición, agora é cuarto. Na próxima xornada repite como local, e recibe ao Negreira, da metade baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará