Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP aproba en Xunta de goberno os orzamentos do 2016 en contra do acordo plenario

RR_Noticias

O goberno municipal seguiu o guión escrito e, malia que o pleno rexeitou os orzamentos presentados polos populares ao votar en contra PSOE, AER e BNG (a edil non adscrita abstívose) sacou adiante na xunta de goberno as contas que marcarán os investimentos do vindeiro ano e que ascenden a 18,5 millóns de euros.  O PP defendeu as súas contas alegando que “contemplan as principais necesidades dos veciños de Redondela” mentres que dende a oposición lles criticaron que se traten duns orzamentos “inflados” nos que se contempla “un incremento nas subvencións nominativas e non se mellora o reparto dos orzamentos participativos” e que ademais “non foron nin debatidos nin consensuados co resto dos grupos”.

O PP chegaba hoxe ao pleno sabendo que ía sacar adiante os orzamentos aínda que non contara coa apoio do resto dos grupos. De feito, o pleno rexeitou a proposta económica dos populares para o 2016 pero, tal e como así se recolle na lei para aqueles municipios que xa traballan con orzamentos prorrogados e presenten un novo orzamento no mesmo ano, o alcalde reuniuse en xunta de goberno para sacalos adiante. Javier Bas aseguraba que “a medida era indispensable xa que non se pode seguir traballando cuns orzamentos do 2014 para afrontar a realidade do 2016”. Unhas contas que dende o grupo de goberno aseguran se manteñen fieis ao principio de austeridade eliminando gastos superfluos e evitando duplicidades de gastos a un tempo que invisten máis en partidas de carácter social. A voceira do PP, Carmen Amoedo pedía responsabilidade aos resto dos grupos para “que se mollen por Redondela” e aposten por unha contas máis sociais, nas se prima principalmente as partidas destinadas a servizos sociais, educación e emprego e se fai un maior esforzo en áreas como a xuventude e a cultura que ven incrementadas as súas achegas económicas. Dende o BNG criticaron ao PP “aprobar uns orzamentos a golpe de fin de ano lonxe de intentar buscar o consenso do que tanto alardeaban en anos anteriores, o único que queren é aprobar o orzamento aproveitando unha argucia que lles permite a lei”. Criticaba tamén o edil nacionalista Xoan Carlos González cuestións como a cantidade que se vai investir en saneamento “260.000 euros, que non é nin a metade do que se investía cando estaba o BNG no goberno” e concluía afirmando que “este orzamento o único que fai é lexitimar a suba dos salarios do concelleiros do PP”. A Agrupación de Electores criticaba tamén a data elixida para o pleno “a 30 de decembro para así aprobalo logo en petit comité” e falaban dun orzamentos de difícil cumprimento xa que os ingresos previstos por valor de 18,5 millóns están inflados”. Facían extensibles tamén as sáus críticas a que se incrementen as subvencións nominativas e a que as partidas sociais foran diminuindos nos últimos anos. “Uns orzamentos inflados tal e como se recolle no informe do interventor” salientaba o socialista Mauro González quen facía alusión tamén a “o erro que supón trasladar servizos sociais ao edificio multiusos”. Cuestionaba ademais o investimento previsto na urbanización da Finca da Ginaria por valor de 600.000 euros e que ao entender dos socialistas “debería asumir Audasa e Fomento xa que é a parcela na que se vai ubicar o futuro colexio en substitución do afectado pola ampliación da autoestrada”. A edil Non adscrita Raquel Quintáns optou pola abstención malia criticar que dende o goberno local non se teñan en conta as propostas dos grupos da oposición así como que se delegue nas ONGs o traballo que debería facer a propia institución municipal.  

Javier Bas alcalde e edil de facenda
Necesario aprobar os orzamentos para o 2016
Cambio de táctica
En exercicios anteriores as negociacións non deron os seus froitos
Carmen Amoedo PP
Uns orzamentos sociais e realistas
Raquel Quintans edil non adscrita
Critica que non se atnedan as demandas da oposición
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas criticaron un orzamento que ven lexitimar os ssalarios dos populares
Ricardo Figueroa AER
Uns orzamentos de difícl cumprimento
Mauro Alvarez PSOE
Uns orzamentos inflados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará