Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cuarteto de arpa Lulavai inaugura o ano en Redondela con “Lémbrame un soño”

RR_Noticias

As arpistas presentan o seu segundo disco este venres ás 20.00 horas no Multiusos da Xunqueira. Dez temas de carácter intimista e soñador que por primeira vez inclúen composicións propias.

As arpas serán as protagonistas de inaugurar o ano no Auditorio do Multiusos da Xunqueira coa presentación do último disco do conxunto feminino de arpa Lulavai. Unha formación que ten as súas orixes na orquestra de Folc Sondeseu, onde se coñeceron en 2005 Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. En 2008 decidiron pór en marcha este proxecto no que catro arpas e catro voces fúndese para interpretar con un son moi persoal temas da tradición galega e tamén propios. O primeiro disco, no que interpretaban cancións da tradición musical galega, chegaba en 2010 da man de Sul Producciones “CorDas Verbas”. Catro anos despois atrevéronse a dar un paso máis e presentar as súas propias composición nas que non se esquecen das raíces da musical galega. Temas que xa interpretaron en escenarios non só de Galicia senón tamén de Francia e Portugal, onde o seu traballo está a ter unha moi boa acollida. Este venres, un de xaneiro, chegan ao Multiusos da Xunqueira para presentar as cancións do seu último disco “Lembrame un soño” aínda que tamén poderemos escoitar temas do seu debut. O custe do billete de entrada será de 5 euros para o público en xeral, 3 euros entrada reducida para xubilados, estudantes e desempregados.

Lorena Reinaldo disco
"Lémbrame un soño" é o segundo disco da formación con dez temas tres de composición propia
Orixe de Lulavai
Lorena Reinaldo cóntanos como xurdiu a formación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará